Overview
O Albén, o protagonista mozo desta historia, aínda inexperto por razón de idade, vai e vén polos sucesos da vida, sobe e baixa desorientado polos empinados rueiros da adolescencia. Mentres Albén aínda ten que aprender se as lendas e os contos son a crónica dun suceso real, ou se a realidade é só un soño morno, sempre imprevisible, a vida da aldea onde sucede esta historia é como a dun formigueiro en a rebato. Os múltiples personaxes que desfilan pola novela semellan inquedos, aguilloados por urxencias que estouran como as bombas do día da festa. Unha sintonía de ruído e fume ...... Quen lea este fermoso libro de Xerardo Méndez sentirá que o tempo, ao ir pasando as páxinas, se move cada hora máis gozoso, coa lentura dos días do estío, e cando a emoción aboia, tal serpe que se enrodela para darlle forma ao cristalino ovo máxico, e o sol, quedo, danzará para ti, prezado lector ou lectora.
- | Author: Xerardo Méndez
- | Publisher: Createspace Independent Publishing Platform
- | Publication Date: Jan 28, 2014
- | Number of Pages: 134 pages
- | Binding: Paperback or Softback
- | ISBN-10: 1494920034
- | ISBN-13: 9781494920036