Sale Now on! Extra 5% off Sitewide

Teatro Infantil (Galician Edition)

CreateSpace Independent Publishing Platform
SKU:
9781523214600
|
ISBN13:
9781523214600
$14.93
(No reviews yet)
Condition:
New
Usually Ships in 24hrs
Current Stock:
Estimated Delivery by: | Fastest delivery by:
Adding to cart… The item has been added
Buy ebook
«Jacobo Paz é un dramaturgo que ultimamente alumea con luz propia, demostrando ás claras que si hai renovación xeracional no teatro galego. (...) En "Teatro infantil" ofrécenos unha mostra da súa produción para rapaces, as obras "Príncipe Lagarto", "Orcavella" e "As horas abertas". Trátase de textos diferentes, inzados das referencias tradicionais da literatura infantil cuxa efectividade é case unha verdade empírica. Jacobo Paz introdúcenos así no mundo dos príncipes e dos demos, dos seres monstruosos de raizame clásica coma Orcavella -hai nela un chocar de ollo á Medusa-, e mais na lenda tradicional de Ana Manana, que tamén tratou no seu momento, e tamén no xénero infantil, Euloxio R. Ruibal. O libro ten dobre valor: é unha lectura deliciosa para os rapaces e tamén debería ser unha inspiración de primeira orde para as compañías na busca dun público hoxe interesante e mañá esencial para soster o teatro galego.» Crítica de Inma López Silva.«Teatro, fábula e nenos. É case como un triángulo xenérico que facilita a relación entre quen conta e quen le. A colección Caderno de Laiovento tenta acurtar algunhas distancias entre a escrita teatral e os lectores de literatura. Distancias difíciles que, na maior parte dos casos, impiden unha relación habitual e cotián entre o dramaturgo e os lectores. O octavo volume desta colección recolle tres pezas escénicas para nenos, de Jacobo Paz, que, para non confundir a ninguén, leva por título "Teatro infantil". Con certa frescura o autor volve sobre algúns dos tics do xénero: animais, princesas, personaxes da tradición popular, con ese tono entre exótico e recoñecido que gastan todos. Fábulas directas nese temo que todo o mundo xulga como anterior pero que, en realidade, é indeterminado, especialmente vista a importancia que as monarquías conservan na realidade social. Historias co punto de revirado xusto, coa súa pinga de amor e algo de aventura, sorpresas argumentais e maxia. Un conxunto de ingredientes que se consideran típicos dos relatos infantís e que levan poboando un certo mundo mítico que desaparece coa chegada a adolescencia ou que se transforma en grupo musical ou en sagas tan inxenuas como as de Tolkien. A intención aquí e conservar a atención dos espectadores cativos por medio da fabulación e dun sentido máis ben divertido da narración.» Crítica de Camilo Franco en "Culturas", de "La Voz de Galicia" (28/07/07).
  • | Author: Jacobo Paz Limia
  • | Publisher: CreateSpace Independent Publishing Platform
  • | Publication Date: Mar 07, 2016
  • | Number of Pages: 76 pages
  • | Language: Galician
  • | Binding: Paperback
  • | ISBN-10: 1523214600
  • | ISBN-13: 9781523214600
Author:
Jacobo Paz Limia
Publisher:
CreateSpace Independent Publishing Platform
Publication Date:
Mar 07, 2016
Number of pages:
76 pages
Language:
Galician
Binding:
Paperback
ISBN-10:
1523214600
ISBN-13:
9781523214600